Noticias e alertas

🥾🌳O sábado 13 de xullo será a XIII Edición da Andaina do Concello de Avión

20/06/2024

🥾🌳O sábado 13 de xullo será a XIII Edición da Andaina do Concello de Avión.



📝As incricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca, Concello e co Monitor Deportivo.



📍 Andaina é circular, con saída e chegada no Campo da Feira de Avión. A ruta Longa consta de 15 kms e a Curta de 5 kms. É preciso seleccionar a ruta que se realizará no momento da inscrición. A dificultade da Ruta Longa é media. A Ruta Curta ten dificultade baixa.



🎫O importe a pagar será de 25€ para adultos e nenos/as dende os 11 anos. De 3 a 10 anos, o importe será de 12€. O prezo inclúe Avituallamentos, Camiseta Conmemorativa, sorteo de Agasallos e comida.



👩👨O límite de participantes será de 100 persoas.



Cómo inscribirse



As inscricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca, Concello e co Monitor Deportivo ou ben, descargando este boletín de inscrición, e realizar o pago correspondente na seguinte conta Bancaria:



FUNDACIÓN AVIÓN (ABANCA) ES54 2080 0414 7530 4000 9238



No CONCEPTO ao realizar o pago Telemático deberá figurar o nome/s da persoa/as inscritas.



Posteriormente, tanto o Boletín de inscrición cuberto, como o Comprobante de Pago deberá enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: cultura@concelloavion.org



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies